A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 8,30 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2022
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 8,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
OURENSE | Cenlle | A Pena | CONT (ás 22,27 h. de onte) | 3 TEC, 30 AX, 77 BR, 44 MB, 3 PA, 1 UTA, 8 AV e 9 HE | 62 | |
Melón | Quins | EXT (ás 1,34 h. de hoxe) | 14 AX, 25 BR, 18 MB, 1 PA, 4 AV e 3 HE | 75,82 (de monte raso) |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.