A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
A CORUÑA | Porto do Son | Ribasieira | EXT (ás 19,05 h. desta tarde) | 1 TE, 30 AX, 57 BR, 36 MB, 4 PA, 5 AV e 5 HE | 80 (6 ha arboradas e 74 ha de monte raso) | |
OURENSE | Oímbra | Bousés | ACT (desde as 18,15 h. desta tarde) | 2 AX, 9 BR, 4 MB, 2 PA, 2 AV e 4 HE | 20 | Este lume entrou de Portugal. |
Cenlle | A Pena | ACT (desde as 16,02 h. desta tarde) | 4 AX, 8 BR, 9 MB, 1 PA, 8 AV e 7 HE | 20 | ||
Viana do Bolo | Grixoa | CONT (ás 19,27 h. desta tarde) | 1 TE, 14 AX, 38 BR, 23 MB, 2 PA, 3 AV e 9 HE | 102 | ||
A Pobra de Trives | Barrio | CONT (ás 15,49 h. desta tarde) | 6 AX, 18 BR, 10 MB e 1 HE | 20 |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.