A Xunta asiste á ‘XXXII Festa da terceira idade’ do concello de Mos

Mos (Pontevedra), 28 de agosto de 2022.-

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á XXII Festa da Terceira Idade do concello de Mos. Durante o encontro lembrou que as persoas maiores, ás que agradeceu o esforzo que fixeron durante os momentos máis difíciles da pandemia, poden por fin retomar a súa participación neste tipo de eventos.

 

O director xeral destacou que o Goberno galego apoia ás persoas maiores para que manteñan un ritmo de vida activo alí onde residan. Neste sentido, sinalou que a Xunta pon en marcha programas e iniciativas que lles permitan realizar actividades e relacionarse coas persoas da súa contorna.

Imaxes relacionadas