A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
PONTEVEDRA | Ponteareas | Guillade | ACT (ás 16,33 h. de hoxe) | 1 TEC, 4 AX, 10 BR, 5 MB, 2 PA, 4 AV e 3 HE | Arredor de 20 ha | Activada como medida preventiva a Situación 2 pola proximidade do lume ao núcleo de Raimonde. |
Moaña | Meira | ACT (ás 15,54 h. de hoxe) | 5 AX, 15 BR, 11 MB, 8 AV e 5 HE | 16 ha | Activada como medida preventiva a Situación 2. A extinción do lume evoluciona favorablemente e non hai perigo para núcleos de poboación. |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.