Ángeles Vázquez compromete o apoio da Xunta para a construción dunha pasarela sobre o río Ulla entre Boqueixón e Silleda

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2022

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, comprometeu o apoio da Xunta para a construción dunha pasarela sobre o río Ulla entre os concellos de Boqueixón e Silleda.

 

Ángeles Vázquez fixo este anuncio durante unha visita recente á zona na que a sociedade de pesca Club Deportivo Castillo Ulla–Deza levou a cabo traballos de limpeza a raíz do convenio de colaboración asinado coa Consellería e que está en vigor desde maio de 2021.

 

En virtude deste acordo, vixente ata finais de 2024 e que é prorrogable por un ano máis por acordo das partes, a entidade deportiva comprométese, entre outras cuestións, a manter en bo estado de uso os accesos, as sendas e os postos de pesca do couto; a realizar tarefas de xestión de residuos que se poidan xerar pola actividade pesqueira, e a dispoñer dun equipo que se dedique ao coidado, mantemento e limpeza das marxes do río e das súas sendas.

Imaxes relacionadas