Un total de 29 ANPAS de Educación especial benefícianse das axudas anuais da Xunta para as súas actividades
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina máis de 60.000€ para financiar actividades, gastos de material e mantemento de instalacións
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2022 A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da convocatoria de axudas para confederacións, federacións e asociacións de nais e pais de alumnado de centros de Educación Especial, a través da que 29 destas entidades recibirán subvencións para financiar a súa actividade.
O importe das axudas -cun orzamento total de 60.271€ por parte da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades- oscila entre os 901 e os 7.710 euros. O obxectivo destas axudas é contribuír ao desenvolvemento das actividades e a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións.
Listado de beneficiarios
ENTIDADES BENEFICIARIAS | CONCELLO | |
CONFAPA (Confed. Galega ANPAS centros públi.) | A Coruña | |
CONFEDERACIÓN ANPAS galegas | Santiago de Compostela | |
CONGAPA | Ourense | |
FEDERACIÓN provincial ANPAS centros públicos-Fapa Coruña | A Coruña | |
FEDERACIÓN centros públicos “A Costa da Morte” | Carballo | |
FAPACEL Federación provincial ANPAS centros públicos | Lugo | |
FAPA Lugo | Lugo | |
FEDERACIÓN provincial ANPAS centros públicos “As Burgas” | Ourense | |
FEDERACIÓN ANPAS Centro Privados e Concertados | Ourense | |
FEAPA Pontevedra | Vilagarcía de Arousa | |
FEDERACIÓN provincial ANPAS centros públicos-FANPA | Pontevedra | |
FEDERACIÓN centros públicos “Compostela” | Santiago de Compostela | |
FEDERACIÓN ANPAS Ferrol e Comarca | Ferrol | |
FEDERACIÓN de ANPAS do Val Miñor | Gondomar | |
FOANPAS Federacióbn ANPAS “Olívica” | Vigo | |
ANPA CEE Ntra.Sra. de Lourdes | A Coruña | |
ANPA CEE “Amicos” | Ribeira | |
ANPA “A Barcia” | Santiago de Compostela | |
ANPA Colegio Duques de Lugo | Santiago de Compostela | |
ANPA CEE “Santa María” | Lugo | |
ANPA CEE “Miño” | Ourense | |
ANPA CEE “O Pino” | Ourense | |
ANPA CEE “Joaquina Sobrino” | A Guarda | |
ANPA La Ilusión del Val Miñor | Nigrán | |
ANPA CEE Santísimo Cristo del Amor ACEESCA | O Porriño | |
ANPA CEE “Juan XIII” | Pontevedra | |
ANPA CEE “A Menela” | Vigo | |
ANPA CEE “Saladino Cortizo” | Vigo | |
ANPA CEE “Os Mecos” | Vilagarcía de Arousa | |