Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
LUGO | Pantón | Frontón | EST | 2 TE, 13 AX, 45 BR, 23 MB, 2 PA e 7 HE | 25 | |
Ribas de Sil | Torbeo | EXT (ás 22,18 h. de onte) | 31 AX, 56 BR, 29 MB, 2 PA, 4 AV e 11 HE | 47 (27 de monte arborado e as 20 restantes de raso) | ||
OURENSE | Laza | Camba | CONT | 2 TEC, 72 AX, 154 BR, 70 MB, 4 PA, 3 UTA, 1 TR, 12 AV e 14 HE | 2.100 estimadas | O lume de Laza e de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, uníronse nun só incendio. |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.