A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,30 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 15 de agosto de 2022 A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 20,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
LUGO | Ribas de Sil | Torbeo | EST | 26 AX, 53 BR, 28 MB, 2 PA, 2 AV e 11 HE | 40 | |
OURENSE | Laza | Camba | EST (ás 20,28h. desta tarde) | 2 TEC, 69 AX, 146 BR, 70 MB, 4 PA, 3 UTA, 1 TR, 12 AV e 14 HE | 2.100 estimadas | O lume de Laza e de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, uníronse nun só incendio. |
Riós | Fumaces e a Trepa | EST (ás 19,02 h. desta tarde) | 15 AX, 29 BR, 20 MB, 2 PA, 9 AV e 8 HE | 103 | ||
Oímbra | As Chás | EST (ás 16,46 h. desta tarde) | 11 AX, 22 BR, 15 MB,1 PA, 8 AV e 7 HE | 70 | ||
Castrelo do Val | Campobecerros | CONT (ás 18,28 h. desta tarde) | 7 AX, 12 BR, 13 MB, 3 PA, 2 AV e 1 HE | 175 | Iniciouse en varios focos, o que todo apunta a que foi intencionado. | |
Carballeda de Valdeorras | Casaio | EXT (ás 20,29h. desta tarde) | 2 TEC, 23 AX, 65 BR, 17 MB, 2 PA, 9 AV e 10 HE | 440 | ||
Boborás | Astureses | EXT (ás 19,25 h. desta tarde) | 2 TEC, 26 AX, 45 BR, 32 MB, 2 PA, 4 AV e 7 HE | 119 (99,4 ha de monte arborado e 19,6 de monte raso) | ||
O Irixo | San Cosmede de Cusanca | EXT (ás 19,31 h. desta tarde) | 3 TEC, 59 AX, 137 BR, 86 MB, 3 PA, 1 UTA, 10 AV e 13 HE | 680 | ||
A Gudiña | Pentes | EXT (ás 20,12 h. desta tarde) | 14 AX, 28 BR, 14 MB, 2 PA, 9 AV e 6 HE | 76,47 (51,88 ha arboradas e 24,59 ha de monte raso) |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.