A Xunta financia con 60.000€ o programa de asesoramento a familias de persoas con TDAH da fundación Ingada

A iniciativa ten como finalidade as persoas con este trastorno poidan desenvolver axeitadamente as súas habilidades de aprendizaxe e socialización, así como superar situacións de necesidade e risco social

Santiago de Compostela, 15 de agosto de 2022  A Xunta de Galicia colabora coa fundación Ingada cunha achega de 60.000 euros para desenvolver un programa de asesoramento ás familias de persoas con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). O proxecto ten por obxectivo permitir o desenvolvemento axeitado ds súas funcións educativas, socializadores e tamén superar situacións de necesidade e risco social.

 

As actuacións que se enmarcan dentro do programan versan sobre a orientación das familias para xestionar situacións de crise, a elaboración de pautas de actuación e programas de apoio ás mesmas, así como a derivación de recursos a aqueles casos de persoas con trastornos asociados.

 

Este servizo é proporcionado por un equipo multidisciplinar integrado por profesionais voluntarios da Fundación, formados na rama sociosanitaria e educativa da psicoloxía, eduación social, medicina, terapia ocupacional, orientación e pedagoxía. Deste xeito, o Goberno galego garante unha atención axeitada a estas persoas e as súas familias, de maneira que poidan desenvolverse en ámbitos como o educativo, o social ou o laboral.

Fundación Ingada

A Fundación Ingada xorde en 2014 co obxectivo de dar asistencia en Galicia a persoas afectadas por TDAH e trastornos asociados e ás súas familias. Así, este convenio entre a entidade e a Xunta de Galicia certifica o compromiso da Administración autonómica con esta organización e coa importante tarefa que están a desenvolver para os seus usuarios, as súas familias e tamén para toda a sociedade.

Imaxes relacionadas