A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas de Sada para facilitar os desprazamentos

O día 16 haberá un servizo para facilitar o acceso á festa desde Entrexardíns ás 23:00 horas
 

O día 17, coincidindo co final da actuación da orquestra París de Noia, haberá un autobús desde o Hotel Sada Palace ata Entrexardíns, con saídas ás 4:00 e ás 5:00 horas
 

Os menores de 21 anos poderán empregar a tarxeta Xente Nova para viaxar gratis, e os demais usuarios dos autobuses públicos da Xunta terán descontos coa tarxeta de transporte metropolitano
 

A Xunta quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público para reducir os riscos da condución nocturna e que se aminore o impacto medioambiental e sobre o tráfico

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2022

A Xunta reforzará as frecuencias de autobús durante as festas de Sada para facilitar os desprazamentos.

 

O día 16 haberá un servizo para facilitar o acceso á festa desde Entrexardíns ás 23:00 horas. O día 17, coincidindo co final da actuación da orquestra París de Noia, haberá un autobús desde o Hotel Sada Palace ata Entrexardíns, con saídas ás 4:00 e ás 5:00 horas.

 

O servizo especial fará paradas nos seguintes lugares: Entrexardíns, Costa Palloza 4 / 5, Coruña E.A., A Gaiteira, Os Castros, Chuac, Materno A Coruña, Xesuítas A Coruña, Ponte Pasaxe, Perillo, Perillo (Citroen), Perillo (Burger King), Graxal, San Pedro De Nós, Alsina, Mesón Da Auga, O Carballo, Cristo Rey, A Cruz, Piñeiro Piscina (Ies Miraflores), Oleiros hacia Sada, Edreira, Osedo 1, Castelo Cruce Mosteirón, Palomar Osedo, Osedo 2, Osedo 3, Xeiseda, Xeitosiña, Tarabelo 1, Tarabelo 2, A Chaburra, Igrexa Nova, Concello De Sada e Sada Hotel Sada Palace.

 

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova e o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

 

A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, e se aminore o impacto medioambiental e sobre o tráfico.

Imaxes relacionadas