A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
OURENSE | Laza | Camba | ACT | 2 TEC, 52 AX, 105 BR, 56 MB, 3 PA, 3 UTA, 1 TR, 12 AV e 14 HE | 2.100 estimadas | Practicamente perimetrado, evoluciona favorablemente cara a súa estabilización. O lume de Laza e de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa, uníronse nun só incendio. |
O Irixo | San Cosmede de Cusanca | EST | 3 TEC, 50 AX, 106 BR, 69 MB, 4 PA, 1 UTA, 10 AV e 13 HE | 680 | ||
Boborás | Astureses | CONT | 2 TEC, 21 AX, 37 BR, 26 MB, 2 PA, 5 AV e 7 HE | 120 | ||
San Xoán de Río | Vilardá | CONT | 6 AX, 20 BR, 8 MB e 3 HE | Arredor de 20 | ||
Carballeda de Valdeorras | Casaio | CONT | 1 TEC, 15 AX, 46 BR, 15 MB, 2 PA, 9 AV e 10 HE | 440 |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.