Un total de 45 centros impartirán o próximo curso o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach)
Este programa educativo inclúe a realización dun proxecto de investigación con posterior defensa pública, unha materia extracurricular semanal e actividades complementarias de formación
A iniciativa está enmarcada na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2030, que contén accións enfocadas ao desenvolvemento de competencias STEM e para o fomento de vocacións científico-tecnolóxicas
Os institutos de Brión e Afonso X O Sabio de Cambre incorpóranse por primeira vez a este programa que se implantou como iniciativa novidosa en Galicia no curso 2018/19
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2021.- Un total de 45 centros educativos de toda Galicia impartirán o vindeiro curso o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), unha acción enmarcada na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2030, que ten entre o seus obxectivos promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria é tendo en conta a perspectiva de xéner
Tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, os institutos de Brión e Afonso X O Sabio de Cambre incorpóranse por primeira vez a esta iniciativa, mentres que os 43 centros restantes danlle continuidade a este programa iniciado en cursos anteriores.
O STEMBach, que inclúe o desenvolvemento dun proxecto de investigación, contribúe a afondar no traballo das competencias matemática e básica en ciencia e tecnoloxía mediante os elementos e os procedementos da investigación e do método científico, dun xeito rigoroso, ordenado e crítico. Facilita tamén a adquisición de competencias transversais, como a creatividade, o sentido da iniciativa e o emprendemento, a resolución de problemas, o traballo en equipo, o pensamento crítico e a cidadanía global; así como a mellora das destrezas comunicativas e expresivas, con énfase na comunicación e divulgación científica, nas competencias dixitais e na incorporación da intelixencia artificial.
A Xunta de Galicia implantou esta iniciativa por primeira vez no curso 2018/19 como experiencia piloto, que se foi consolidando ata chegar aos 726 alumnos matriculados o curso pasado (case un 56% mulleres).
O STEMbach ten unha duración de dous cursos académicos e pode incorporarse a el o alumnado de calquera das modalidades de Bacharelato. Os participantes desenvolverán un proxecto de investigación, no segundo curso do Bacharelato, relacionado con calquera ámbito de coñecemento das materias cursadas na etapa, que estará co-dirixido por un docente pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigación de Galicia e do que o alumno realizará unha defensa do traballo en sesión pública.
Así mesmo, estes estudantes cursarán unha materia de afondamento relacionada co ámbito STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría ou matemáticas) extracurricular, en 1º e 2º de Bacharelato, que poderá basearse nalgunha das materias relacionadas con este ámbito ou ter un enfoque interdisciplinar, con orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais, e que terá unha carga lectiva semanal de dúas ou tres horas fóra do horario ordinario do alumnado.
Xunto a investigadores recoñecidos
A maiores, este alumnado realizará actividades complementarias de formación, organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou persoas investigadoras de recoñecida competencia, como conferencias, obradoiros ou proxectos.
Ao remate dos dous anos do proxecto, e logo da avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, os alumnos recibirán unha credencial da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa, que tamén se fará constar no seu historial académico.
Relación de centros educativas no Stembach:
CPR Plurilingüe Compañía de María | A Coruña |
CPR Plurilingüe Liceo La Paz | A Coruña |
CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha | A Coruña |
IES Salvador de Madariaga | A Coruña |
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda | A Coruña |
IES Agra do Orzán | A Coruña |
CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Del Carmen | Betanzos |
IES Brión | Brión |
IES Afonso X O Sabio | Cambre |
IES David Buján | Cambre |
CPR Plurilingüe Rías Altas | Culleredo |
CPR Tirso de Molina | Ferrol |
IES Sofía Casanova | Ferrol |
IES Concepción Arenal | Ferrol |
IES María Casares | Oleiros |
IES Miraflores | Oleiros |
IES de Ortigueira | Ortigueira |
IES Lamas de Abade | Santiago de Compostela |
IES Arcebispo Xelmírez II | Santiago de Compostela |
CPR Plurilingüe Compañía de María | Santiago de Compostela |
IES Plurilingüe Rosalía de Castro | Santiago de Compostela |
IES Lucus Augusti | Lugo |
IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes | Lugo |
IES Francisco Daviña Rey | Monforte de Lemos |
CPR Plurilingüe Santa María | Ourense |
IES Eduardo Blanco Amor | Ourense |
IES Ramón Otero Pedrayo | Ourense |
IES As Lagoas | Ourense |
IES Ramón Cabanillas | Cambados |
IES María Soliño | Cangas |
IES Ramón Mª Aller Ulloa | Lalín |
IES Plurilingüe A Paralaia | Moaña |
CPR Santiago Apóstol | Soutomaior |
IES San Paio | Tui |
CPR Plurilingüe Compañía de María | Vigo |
CPR Plurilingüe Miralba | Vigo |
IES Laxeiro | Lalín |
IES Val Miñor | Nigrán |
IES Plurilingüe Aquis Celenis | Caldas de Reis |
IES A Xunqueira II | Pontevedra |
IES República Oriental de Uruguay | Vigo |
IES As Barxas | Moaña |
IES Johan Carballeira | Bueu |
IES de Valga | Valga |
IES Valadares | Vigo |