Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,15 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2022.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 9,15 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
A CORUÑA | As Pontes de García Rodríguez | As Pontes de García Rodríguez | ACT (desde as 20,23 h. de onte) | 4 TEC, 8 AX, 20 BR, 11 MB, 3 PA, 1 UTA e 1 HE | 80 | Solicitada a desactivación da Situación 2 que se decretara onte ao desaparecer o risco para núcleos de poboación. Evoluciona favorablemente cara á súa estabilización. |
As Pontes | Vilavella | EST (iniciouse ás 22,59 h. de onte e quedou estabilizado ás 7,16 h. desta mañá) | 1 TEC, 8 AX, 8 BR, 8 MB e 2 PA | 60 | ||
Boiro | Cures | EST | 10 TEC, 102 AX, 177 BR, 98 MB, 10 PA, 5 UTA, 15 AV e 12 HE | 2.200 | ||
OURENSE | Laza | Camba | ACT (desde as 22,01 h. de onte) | 4 AX, 7 BR, 4 MB e 1 PA | 250 | |
Chandrexa de Queixa | Queixa | ACT (desde as 19,08 h. de onte) | 4 AX, 5 BR, 4 MB, 6 AV e 3 HE | 100 | ||
Carballeda de Valdeorras | Casaio | ACT | 1 TEC, 5 AX, 18 BR, 6 MB, 2 PA, 7 AV e 7 HE | 270 | ||
Verín | Verín | CONT | 9 TEC, 57 AX, 111 BR, 57 MB, 4 PA, 1 TR, 1 UTA, 12 AV e 12 HE | 600 | Iniciouse en máis dunha decena de focos diferentes. | |
PONTEVEDRA | Ponte Caldelas | Xustáns | CONT | 5 TEC, 28 AX, 75 BR, 48 MB, 5 PA, 1 UTA, 8 AV e 10 HE | 380 |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.