A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
A CORUÑA | Monfero | Queixeiro | EXT (ás 18,31 h. desta tarde) | 2 AX, 4 BR, 1 MB e 1 HE | 0,01 arboradas | Dentro do Parque Natural Fragas do Eume. |
Boiro | Cures | EST | 10 TEC, 101 AX, 176 BR, 98 MB, 10 PA, 5 UTA, 15 AV e 12 HE | 2.200 | ||
OURENSE | Carballeda de Valdeorras | Casaio | ACT (iniciouse ás 13,59 h, dese mediodía) | 3 AX, 12 BR, 5 MB, 1 PA, 7 AV e 7 HE | 90 | |
Verín | Verín | CONT | 9 TEC, 56 AX, 109 BR, 53 MB, 4 PA, 1 TR, 1 UTA, 12 AV e 12 HE | 600 | Iniciouse en máis dunha decena de focos diferentes. | |
PONTEVEDRA | Ponte Caldelas | Xustáns | CONT | 5 TEC, 28 AX, 74 BR, 46 MB, 5 PA, 1 UTA, 8 AV e 10 HE | 380 |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.