Galicia rexistra un total de 2.303 casos activos por coronavirus
Un total de 665.702 pacientes xa están curados
A día de hoxe hai 2.046 pacientes en seguimento nos seus domicilios
O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.303, deles 507 son da área da Coruña, 288 da de Lugo, 372 da de Ourense, 258 da de Pontevedra, 305 da área de Vigo, 359 da de Santiago e 205 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 16 están en UCI, 241 en unidades de hospitalización e 2.046 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 665.702 persoas curadas, rexistrándose 3.853 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 5 de agosto:
Home de 76 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Día 6 de agosto:
Muller de 93 anos, na área sanitaria de Vigo
Muller de 87 anos, na área sanitaria de Vigo
Muller de 89 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee
Día 7 de agosto:
Muller de 89 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza
Home de 83 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza
Home de 87 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee
Día 8 de agosto:
Muller de 76 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee
As pesoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.964.269.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.716.649.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras
As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, tal e como se explica no seguinte vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.
Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.
Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.