Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2022.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
A CORUÑA | Boiro | Cures | ACT / SIT 2 | 9 TEC, 69 AX, 120 BR, 64 MB, 8 PA, 3 UTA, 15 AV, 12 HE e UME | 2.200 | O incendio está perimetrado. Séguese traballando nas liñas de control e evoluciona favorablemente cara á súa estabilización. Activada a Situación 2 como medida preventiva. |
OURENSE | Verín | Verín | EST | 9 TEC, 48 AX, 95 BR, 51 MB, 4 PA, 1 TR, 1 UTA, 12 AV e 12 HE | 600 | Iniciouse en máis dunha decena de focos diferentes. |
A Mezquita | O Pereiro | CONT | 2 TEC, 23 AX, 34 BR, 18 MB, 1 PA, 2 AV e 3 HE | 150 | ||
PONTEVEDRA | Ponte Caldelas | Xustáns | ACT | 5 TEC, 24 AX, 59 BR, 41 MB, 4 PA, 1 UTA, 8 AV e 10 HE | 380 | Desactivada a Situación 2 ao remitir o risco para núcleos de poboación. O incendio está perimetrado. Séguese traballando nas liñas de control e evoluciona favorablemente cara á súa estabilización. |
Caldas de Reis | Saiar | CONT (ás 9,38 h. de hoxe) | 6 TEC, 16 AX, 53 BR, 42 MB, 5 PA, 2 UTA, 7 AV e 11 HE | 450 | ||
Arbo | Mourentán | CONT | 9 TEC, 33 AX, 105 BR, 72 MB, 5 PA, 1 TR, 2 UTA, 12 AV e 10 HE | 400 | ||
Arbo | Barcela | CONT | 1 TEC, 18 AX, 52 BR, 44 MB, 2 PA, 3 AV e 4 HE | 82 | Entrou desde Portugal. |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.