Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2022.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
A CORUÑA | Boiro | Cures | ACT / SIT 2 | 6 TEC, 55 AX, 98 BR, 51 MB, 7 PA, 2 UTA, 14 AV, 12 HE e UME | 2.000 | Activada a Situación 2 como medida preventiva. |
OURENSE | Verín | Verín | EST (ás 16,22 h. de hoxe) | 9 TEC, 44 AX, 91 BR, 48 MB, 4 PA, 1 TR, 1 UTA, 12 AV e 12 HE | 600 | Iniciouse en máis dunha decena de focos diferentes. |
A Mezquita | O Pereiro | CONT | 2 TEC, 21 AX, 30 BR, 15 MB, 1 PA, 2 AV e 3 HE | 150 | ||
PONTEVEDRA | Ponte Caldelas | Xustáns | ACT / SIT 2 | 5 TEC, 16 AX, 42 BR, 29 MB, 4 PA, 8 AV, 10 HE e UME | 350 | Activada a Situación 2 como medida preventiva. |
Caldas de Reis | Saiar | ACT | 6 TEC, 14 AX, 51 BR, 40 MB, 5 PA, 2 UTA, 7 AV e 11 HE | 450 | Evoluciona favorablemente cara á súa estabilización, sen risco para núcleos de poboación. | |
Arbo | Mourentán | CONT | 9 TEC, 32 AX, 104 BR, 71 MB, 5 PA, 1 TR, 2 UTA, 12 AV e 10 HE | 400 | ||
Arbo | Barcela | CONT | 1 TEC, 17 AX, 48 BR, 42 MB, 2 PA, 3 AV e 4 HE | 82 | Entrou desde Portugal. |
(1) SITUACIÓN: ACT: activo; EST: estabilizado; CONT: controlado; EXT: extinguido; SIT 2: Situación 2.
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): TEC: técnicos; AX: axentes; BR: brigadas; MB: motobombas; PA: pas; TR: tractores; AV: avións; HE: helicópteros; UTA: Unidade Técnica de Apoio; UME: Unidade Militar de Emerxencias.
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.