A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
A CORUÑA | Boiro | Cures | ACT / SIT 2 | 3 TEC, 25 AX, 51 BR, 27 MB, 4 PA, 1 UTA, 12 AV e 9 HE | 400 | Activada como medida preventiva a Situación 2 pola proximidade do lume ao núcleo de Piñeiro. |
OURENSE | Verín | Verín | ACT | 9 TEC, 35 AX, 79 BR, 39 MB, 2 PA, 1 UTA, 12 AV, 12 HE e UME | 600 | Evoluciona favorablemente cara á súa estabilización, sen risco para núcleos de poboación. Iniciouse en máis dunha decena de focos diferentes. |
A Mezquita | O Pereiro | CONT (ás 18,49 h. de hoxe) | 2 TEC, 18 AX, 25 BR, 14 MB, 1 PA, 2 AV e 3 HE | 150 | ||
Maceda | Castro de Escuadro | EXT (ás 19,30 h. de hoxe) | 1 TEC, 16 AX, 44 BR, 22 MB, 3 PA, 3 AV e 7 HE | 120,55 (4 ha arboradas e o resto de monte raso) | Iniciouse en tres focos diferentes e simultáneos. | |
PONTEVEDRA | Caldas de Reis | Saiar | ACT / SIT 2 | 6 TE, 10 AX, 44 BR, 33 MB, 5 PA, 2 UTA, 7 AV, 10 HE e UME | 450 | Evoluciona favorablemente. Decretada a Situación 2 como medida preventiva. |
Arbo | Mourentán | EST | 9 TEC, 31 AX, 100 BR, 69 MB, 5 PA, 1 TR, 2 UTA, 12 AV, 10 HE e UME | 400 | ||
Arbo | Barcela | CONT (ás 12,52 h. de hoxe) | 1 TEC, 16 AX, 41 BR, 36 MB, 2 PA, 3 AV, 4 HE e UME | 82 | Entrou desde Portugal. | |
Ponteareas | Padróns | EXT | 11 AX, 28 BR, 18 MB, 1 PA e 1 HE | 15,6 (de monte arborado) |
(1) SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; TR: Tractor; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.