Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022 A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
A CORUÑA | Boiro | Cures | ACT (ás 16,12 h. de onte) | 2 TEC, 16 AX, 30 BR, 19 MB, 4 PA, 7 AVI e 6 HE | 250 | |
OURENSE | Verín | Verín | ACT | 9 TEC, 30 AX, 65 BR, 30 MB, 2 PA, 1 UTA, 12 AV, 12 HE e UME | 600 | Evoluciona favorablemente cara a súa estabilización. Desactivada a Situación 2 ao remitir o perigo para os núcleos de poboación. Iniciouse en máis dunha decena de focos diferentes. |
A Mezquita | O Pereiro | EST (ás 21,09 h. de onte) | 2 TEC, 15 AX, 23 BR, 12 MB, 1 PA, 2 AV e 3 HE | 150 | ||
Maceda | Castro de Escuadro | CONT (ás 21,09 h. de onte) | 1 TEC, 14 AX, 41 BR, 21 MB, 3 PA, 3 AV e 7 HE | 150 | Iniciouse en tres focos diferentes e simultáneos. | |
Calvos de Randín | Lobás | CONT (ás 19,15 h. de onte) | 5 AX, 14 BR, 8 MB, 1 PA e 2 AV | 50 | ||
PONTEVEDRA | Caldas de Reis | Saiar | ACT / SIT 2 (ás 19,25 h. de onte) | 4 TE, 6 AX, 30 BR, 24 MB, 5 PA, 2 UTA, 4 AV e 4 HE | 350 | Decretada a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo da Porteliña. |
Arbo | Barcela | ACT | 1 TEC, 16 AX, 39 BR, 35 MB, 2 PA, 3 AV, 4 HE e UME | 70 | Este lume -que entrou desde Portugal- evoluciona favorablemente cara á súa estabilización, sen afectación a aldeas. Desactivada a Situación 2. | |
Arbo | Mourentán | EST | 9 TEC, 30 AX, 98 BR, 66 MB, 5 PA, 1 TR, 2 UTA, 12 AV, 10 HE e UME | 400 | ||
Ponteareas | Padróns | CONT | 11 AX, 27 BR, 18 MB, 1 PA e 1 HE | 20 |
(1) SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; TR: Tractor; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.