A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
OURENSE | Verín | Verín | ACT / SIT 2 (iniciouse ás 14,52 h. desta tarde) | 2 TEC, 4 AX, 14 BR, 7 MB, 2 PA, 7 AV e 9 HE | Arredor de 260 | Activada a Situación 2 como medida preventiva por proximidade a diversos núcleos de poboación. Iniciouse en máis dunha decena de focos diferentes, polo que todo apunta á súa intencionalidade. |
Maceda | Castro de Escuadro | ACT | 1 TEC, 11 AX, 33 BR, 17 MB, 3 PA, 3 AV e 7 HE | 150 | Iniciouse en tres focos diferentes e simultáneos, polo que todo apunta á súa intencionalidade. | |
PONTEVEDRA | Arbo | Barcela | ACT / SIT 2 (iniciouse ás 15,40 h. desta tarde) | 1 TEC, 5 AX, 14 BR, 13 MB, 2 PA, 3 AV e 4 HE | 70 | Activada a Situación 2 como medida preventiva por proximidade ao polígono industrial. Solicitada, ademais, a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME). |
Arbo | Mourentán | EST | 9 TEC, 30 AX, 94 BR, 63 MB, 5 PA, 1 TR, 2 UTA, 12 AV, 10 HE e UME | 400 | ||
Ponteareas | Padróns | CONT | 11 AX, 24 BR, 16 MB, 1 PA e 1 HE | 20 |
(1) SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; TR: Tractor; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.