Solicitada como medida preventiva a situación 2 nun incendio forestal activo en Verín, parroquia de Verín

A situación operativa de emerxencia que se solicita neste incendio responde á proximidade do lume ao núcleo do Polvorín

Cabe engadir que este incendio iniciouse en tres focos, polo que todo apunta a unha clara intencionalidade
 

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2022

A Consellería do Medio Rural vén de solicitar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Verín, parroquia homónima, pola proximidade do lume ao núcleo do Polvorín.

 

Este incendio iniciouse en tres focos ás 14,52 h. deste mediodía, polo que todo apunta a unha clara intencionalidade. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de algo máis de 2 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 1 técnico, 3 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas, 4 avións e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural