A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas do Carme de Lorbé, no concello de Oleiros, para facilitar os desprazamentos

Haberá un servizo desde Lorbé ata Entrexardíns, con saída de Bar Escola ás 3:30 horas da madrugada

Durante a tarde-noite do día 4 reforzaranse os últimos servizos da liña B4 para facilitar a chegada ata Lorbé

Os menores de 21 anos poderán empregar a tarxeta Xente Nova para viaxar gratis, e os demais usuarios dos autobuses públicos da Xunta terán descontos coa tarxeta de transporte metropolitano

O obxectivo é facilitar mellores alternativas en transporte público para reducir os riscos da condución nocturna e o impacto medioambiental e sobre o tráfico
 

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2022

A Xunta ofrecerá un servizo especial de autobús durante as festas do Carme de Lorbé, no concello de Oleiros, o día 5 de agosto.

 

Haberá un servizo desde Lorbé ata Entrexardíns con saída de Bar Escola ás 3:30 horas da madrugada, coincidindo co final da actuación da orquestra París de Noia.

 

Adicionalmente, durante a tarde-noite do día 4 reforzaranse os últimos servizos da liña B4 coa fin de facilitar a chegada ata Lorbé.

 

O servizo especial fará paradas nos seguintes lugares: Lorbé Bar Escola, Dexo O Corgo, Dexo Igrexa, Dexo Torre, O Cubo, A Pereira, Mera, Mera Nai Pai, Mera Playa, Cabreira, Canide, Breixo, Lourido, Arillo, Igrexa, Couto Dorneda, Aguarrio, Santa Cruz, Gasolinera Santa Cruz, Coruxo, Liáns, Bastiagueiro, I.N.E.F., As Covas, Escorial, Parador, Perillo Sta. Cristina, Roda Ponte Da Pasaxe, Xesuítas A Coruña, Materno A Coruña, CHUAC, Os Castros, A Gaiteira, Costa Palloza 4 / 5, Praza De Ourense, Entrexardíns.

 

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova e o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

 

A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, busca facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, e se reduza o impacto medioambiental e sobre o tráfico.