O presidente da Xunta asistiu á LIII Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña

Rueda destaca o potencial das festas gastronómicas para impulsar o turismo en todos os lugares de Galicia

 

Moraña (Pontevedra), 31 de xullo de 2022 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o potencial das festas gastronómicas para impulsar o turismo en todos os lugares de Galicia.

 

O titular do Goberno galego asistiu á LIII Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña, Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2002, na que recordou o pulo dunha celebración gastronómica que non deixa de medrar desde a súa creación no ano 1969 grazas á participación veciñal e á implicación das novas xeracións.

 

Alfonso Rueda subliñou que a gastronomía galega é fundamental na promoción turística da Comunidade, e máis nun ano Xacobeo tan especial no que os turistas desfrutan de todo o bo que ten Galicia, desde a paisaxe ao seu patrimonio, pasando por unha oferta culinaria de calidade que a cidadanía galega promociona a través de eventos como o de Moaña que cos anos medran en intensidade e en calidade.

Imaxes relacionadas