A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2022 A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
OURENSE | Oímbra | Oímbra | CONT (ás 16,40 h. desta tarde) | 6 AX, 14 BR, 8 MB e 1 PA | 25,5 | |
Castrelo de Miño | Barral | CONT
| 2 TEC, 36 AX, 73 BR, 49 MB, 4 PA, 8 AV, 11 HE e 1 UTA | 200 | ||
PONTEVEDRA | Arbo | Mourentán | ACT/ SIT 2 | 3 TEC, 9 AX, 30 BR, 21 MB, 4 PA, 8 AV, 9 HE e UME | 230 | Decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo das Searas. Solicitada a intervención da Unidade Militar de Emerxencias por precaución. |
(1) SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.