A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,45 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2022 A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,45 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
LUGO | O Saviñao | Rebordaos | CONT | 7 AX, 21 BR, 10 MB, 1 PA, 5 AV e 6 HE | Arredor de 20 | Iniciouse en cando menos 3 focos diferentes. |
OURENSE | Carballeda de Valdeorras | Riodolas | EXT (ás 19,12 h. de hoxe) | 16 TEC, 118 AX, 254 BR, 103 MB, 5 PA, 12 AV, 13 HE e UME | 10.500 ha estimadas | Afectou o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra. |
Castrelo de Miño | Barral | EST (ás 19,34 h. de hoxe) | 2 TEC, 24 AX, 53 BR, 34 MB, 4 PA, 8 AV, 11 HE e 1 UTA | 200 | Desactivada a Situación 2 ao non haber perigo para os núcleos de poboación. | |
Vilariño de Conso | Pradoalbar | CONT (ás 14,50 h. de hoxe) | 6 TEC, 94 AX, 186 BR, 80 MB, 7 PA, 9 AV e 15 HE | 6.500 | Afecta o Parque Natural do Invernadeiro. |
(1) SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.