A oitava edición do Festival Hercules Brass ofrecerá en agosto cinco recitais de música de cámara no mosteiro de San Salvador de Celanova co apoio da Xunta
O director xeral de Cultura presenta a programación desta cita que contará coa participación, entre outros, da Real Filharmonía de Galicia
Preto dun centenar de estudantes de diferentes comunidades autónomas completarán a súa formación musical con clases a cargo de artistas participantes
Anxo M. Lorenzo tamén participa na inauguración da exposición bibliográfica ‘Love Velo’, en homenaxe ao intelectual celanovés no 50 aniversario do seu falecemento
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da VIII Edición do Festival Hércules Brass Celanova que ofrecerá a partir do 1 de agosto cinco concertos de música de cámara no claustro barroco do mosteiro de San Salvador de Celanova e que contará coa presenza de destacados intérpretes deste xénero musical de distintas partes do mundo.
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou a traxectoria desta iniciativa que leva oito edicións “demostrando a perfecta combinación que ofrecen a música e patrimonio para encher o verán galego dunha programación cultural diversificada e de calidade”, indicou. Neste sentido, salientou que a Xunta apoia o festival desde os seus inicios e enmárcase nas diferentes propostas que o Goberno autonómico está a impulsar este verán “e continuar dinamizando o sector cultural con propostas para todos os públicos nas cidades e no rural”, expresou.
O festival, nacido en 2014 por iniciativa de Hércules Brass e a Asociación Cultural Xingros, organiza a súa oitava edición cun programa de cinco concertos no claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova programados do 1 ao 5 de agosto. Arrancará coa actuación da Banda de Mu´sica de Celanova e He´rcules Brass o luns 1 de agosto. Continuará Kambrass Quintet o martes e o trompetista Sergei Nakariakov acompañado pola pianista Maria Meerovitch actuará o mércores. A Real Filharmoni´a de Galicia ofrecerá un recital o xoves e rematará He´rcules Brass Ensemble, dirixido polo trombonista Christian Lindberg, o venres 5 de agosto. O artista sueco será director e solista nunha velada que pechará a esta edición coa posta en escea do grupo formado polos alumnos do certame.
Ademais de concertos, un total de 92 estudantes de diferentes comunidades autónomas complementarán a súa formación musical con clases de perfeccionamento cos artistas participantes no festival. As clases de trompeta, trompa, trombón, eufonio e tuba con clases de música de cámara e repertorio orquestral.
Nova exposición
O director xeral de Cultura participou tamén na presentación da exposición Love Velo, en homenaxe a Xosé Velo Mosquera con motivo do 50 aniversario do seu falecimento e que conta coa colaboración da Xunta, o Concello de Celanova e a Deputación de Ourense. Comisariada polo celanovés Aser Álvarez, poderase visitar durante o mes de agosto na sala dos Arcos de Celanova.