Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2022.- A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.
PROVINCIA | CONCELLO | PARROQUIA DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (HA) (3) | OBSERVS. |
LUGO | O Saviñao | Rebordaos | CONT | 7 AX, 20 BR, 10 MB, 1 PA, 5 AV e 6 HE | Arredor de 20 | Iniciouse en cando menos 3 focos diferentes. |
Folgoso do Courel-A Pobra do Brollón | Vilamor e Seceda (Folgoso) e Saa (A Pobra) | EXT (ás 11,53 h. desta mañá) | 22 TEC, 314 AX, 509 BR, 259 MB, 13 PA, 1 UTA, 20 AV, 27 HE e UME | 11.100 ha estimadas | Xuntáronse cinco lumes, os dous de Vilamor e o de Seceda (no concello de Folgoso) e os dous de Saa (no da Pobra). | |
OURENSE | Castrelo de Miño | Barral | ACT | 2 TEC, 21 AX, 45 BR, 27 MB, 4 PA, 8 AV, 11 HE e 1 UTA | 147 | Desactivada a Situación 2 ao non haber perigo para os núcleos de poboación. |
Vilariño de Conso | Pradoalbar | EST | 6 TEC, 93 AX, 183 BR, 80 MB, 7 PA, 9 AV e 15 HE | 6.500 | Afecta o Parque Natural do Invernadeiro. | |
Carballeda de Valdeorras | Riodolas | CONT | 16 TEC, 118 AX, 253 BR, 102 MB, 5 PA, 12 AV, 13 HE e UME | 10.500 | Desactivada a Situación 2 Afecta o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra. |
(1) SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Tec: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidade Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio
(3) SUPERFICIE: As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.