A Xunta recibe o compromiso de Ribera Salud de manter a vocación de excelencia asistencial nos seus centros sanitarios en Galicia

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2022

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recibíu esta tarde, no edificio administrativo do Sergas, en San Lázaro, á conselleira delegada do grupo sanitario Ribera, Elisa Tarazona, e ao director executivo para Europa, Alberto de Rosa. No transcurso da reunión, na que participou tamén a directora Xeral de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego lembrou que os cambios que se poidan producir no accionariado non afectarán, en ningún caso, ao contrato que o Sergas ten cos hospitais de Povisa, Polusa e Juan Cardona; en Vigo, Lugo e Ferrol, respectivamente.

 

Elisa Tarazona e Alberto de Rosa aseguraron que esta operación de compra, “en nada afecta á xestión dos centros sanitarios, e que os servizos e os cadros de persoal se manterán como ata o de agora.”

 

Asímesmo, informaron tamén da reunión que hoxe mantiveron co persoal, mandos intermedios, e os sindicatos de Povisa, en Vigo.

 

A Xunta de Galicia velará sempre pola calidade da asistencia aos usuarios destes tres hospitais ubicados en Galicia, cos que mantén contratos que deben cumprirse ao 100%. Ambas partes acordaron manter abertas as canles de comunicación cunha interlocución ordenada e axeitada.

 

Imaxes relacionadas