A Xunta adxudica por máis de 48.000€ as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable do concello de Larouco
O obxectivo é asegurar un subministro de auga de calidade mediante a instalación dun equipo de medición da turbidez que axuste o volume de auga que se envía aos filtros
Substituiranse as bombas en baixa, dado a súa antigüidade, por unhas de baixo consumo e alto rendemento
A Xunta continúa colaborando cos concellos para que poidan prestar de modo eficiente as súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración
A Xunta adxudicou as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable do concello de Larouco.
O contrato, que foi adxudicado á empresa Vázquez Arias y Bioenergías S.L., supón un investimento autonómico de máis de 48.000 euros.
O obxectivo é asegurar un subministro de auga de calidade mediante a instalación dun equipo de medición da turbidez que axuste o volume de auga que se envía aos filtros para darlles tempo a realizar a súa función de forma correcta.
Substituiranse as bombas en baixa, dado a súa antigüidade, por unhas de baixo consumo e alto rendemento mediante sistema de variador de frecuencia, de alternancia e de xestión de alarma.
Tamén se mudarán os filtros da planta para garantir a calidade da auga cara aos depósitos de cabeceira.
A Xunta continúa colaborando cos concellos para que poidan prestar de modo eficiente as súas competencias de saneamento, abastecemento e depuración.