Rueda acompaña as SS.MM os Reis á Ofrenda Nacional ao Apóstolo e á Santa Misa na Catedral de Santiago
2022-07-25
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Xullo/semana-05/220727_Pte_Ofrenda25X_AVDC_13.jpg
Santiago de Compostela, 25 de xullo de 2022.- O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañou hoxe ás Súas Maxestades os Reis de España e as Súas Altezas Reais a Princesa de Asturias e a Infanta dona Sofía á Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago e á Santa Misa na Catedral de Santiago de Compostela. Ao remate da celebración, o titular do Goberno galego acompañounos na sinatura do Libro de Ouro da Cidade na sede municipal do Pazo de Raxoi.
Departamento:
A Presidencia da Xunta