Fernández-Tapias salienta a singularidade do Trofeo Conde de Gondomar “pola súa historia, técnica e desafío”

Vigo, 21 de xullo de 2022

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou na mañá de hoxe da presentación da 47ª edición do Trofeo Conde de Gondomar Gran Premio Zelnova Zeltia Banco Sabadell, organizado polo Monte Real Club de Yates de Baiona e que terá lugar do 22 ao 25 de xullo.

 

Durante a súa intervención, a representante autonómica destacou a singularidade desta proba, coa que se abre a tempada de regatas do verán, “pola súa historia, técnica e desafío”. Trátase dunha das competicións más importantes do panorama nacional e a de maior relevancia de altura de Galicia.

 

Segundo dixo, sobran razóns para que esta cita, que traspasa fronteiras, cunha importante participación da flota portuguesa, sexa unha das máis esperadas do calendario galego. Leva celebrándose ininterrompidamente desde 1976 “o que converte este trofeo nun dos emblemas da nosa cultura deportiva”, aseverou Fernández-Tapias, para engadir que é, ademais, “un importante desafío para as tripulacións”.

 

Desde o punto de vista técnico “poñendo a proba as embarcacións polas cambiantes condicións que se atopan nas distintas rías nas que navegan”, sinalou en clara referencia á mítica subida ao Carrumeiro Chico e aos baixos de Corrubedo. Unha navegación que normalmente esténdese ata o amencer.

 

E a nivel competitivo “porque -indicou- está na mente de todos bater o récord que ostenta a día de hoxe o Cenor & De Dietrich, que en 2011 roubáballe máis de 19 anos de liderado ao vasco Zorongo “.     

 

A partir de mañá, uns 40 barcos participarán nesta proba, “os mellores do país en ORC e monotipos J80, así como a unha boa parte do mellor que ten Galicia en vela de cruceiro”, incidiu Fernández-Tapias, quen salientou que para o Goberno galego “o sector da náutica é un sector estratéxico e con grande potencial de crecemento”.

Imaxes relacionadas