A Xunta enxalza a importancia de xestionar escoitando para ter unha comunicación máis efectiva

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou no ciclo ‘Diálogos, Comunicación e Sociedade: Encontros de Dircom Galicia con dirixentes institucionais e axentes sociais’

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2022

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago de Compostela no ciclo Diálogos, Comunicación e Sociedade: Encontros de Dircom Galicia con dirixentes institucionais e axentes sociais, onde enxalzou a importancia de xestionar escoitando para ter unha comunicación máis efectiva.

 

Tal e como asegurou, o gran reto a nivel comunicativo para as administracións será que a transición enerxética se entenda como unha oportunidade para implantar un novo modelo industrial baseado en tres pilares: coñecemento, innovación e sustentabildiade.

 

Conde, que felicitou á asociación polos seus 30 anos, incidiu en que a comunicación ten que xerar confianza e na necesidade de que a sociedade estea ben informada.

Imaxes relacionadas