O Sergas achega un total de 75.000 euros para o desenvolvemento do programa de Atención Integral ao Médico Enfermo

A tal efecto, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente do Consello Oficial de Colexios Médicos de Galicia, Isidro José Lago Barreiro, asinaron un convenio de colaboración

 

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2022 O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente do Consello Oficial de Colexios Médicos de Galicia, Isidro José Lago Barreiro, veñen de asinar, esta semana, un convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade colexial, para o desenvolvemento do Programa de Atención Integral ao Médico Enfermo (PAIME). En base a este convenio, o departamento sanitario galego comprométese a achegar un total de 75.000 euros.

 

En consecuencia, as partes asinantes consideran, atendendo ás características propias do exercicio da profesión médica, que os facultativos enfermos requiren unha atención médica específica e especializada, xa que iso permitirá a detención precoz dos casos e a instauración dos tratamentos necesarios, co fin de garantir o axeitado exercicio profesional.

 

Deste xeito, tanto a Consellería de Sanidade, como o Sergas, seguen a apostar polo coidado aos seus profesionais como parte fundamental do sistema.

 

No acto de sinatura estivo presente, así mesmo, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas.

Imaxes relacionadas