A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,15 h. de hoxe
A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 19,15 h. de hoxe.
PROV. | CONCELLO | PARROQUIAS DE INICIO | SITUACIÓN (1) | MEDIOS (2) | SUPERFICIE (3) | OBSERVS. |
LUGO | Folgoso do Courel-A Pobra do Brollón | Vilamor (Folgoso) e Saa (A Pobra) | ACT/SIT2 | 16 TEC, 88 AX, 130 BR, 84 MB, 3 PA, 1 UTA, 17 AV, 18 HE e UME | 4.500 | Xuntáronse 4 lumes, os dous de Vilamor e os dous de Saa Situación 2 pola proximidade aos núcleos de Parada dos Montes e Carballal (Folgoso) e Busto (A Pobra do Brollón) |
Folgoso do Courel | Seceda | ACT/SIT2 | 19 AX, 29 BR, 14 MB, 6 AV, 6 HE e UME | 1.100 | Situación 2 pola proximidade do lume ao núcleo de Gamiz | |
Palas de Rei | Ramil | ACT | 1 TEC, 13 AX, 16 BR, 13 MB, 4 AV e 3 HE | 375 | ||
Cervantes | Donís | EST | 1 TEC, 6 AX, 12 BR, 8 MB e 1 HE | 75 | ||
Cervantes | Cereixedo | ACT | 6 AX, 9 BR, 5 MB, 2 AV e 2 HE | 20 | ||
Quiroga | Outeiro | CONT | 2 TEC, 18 AX, 17 BR, 16 MB, 2 PA, 4 AV e 4 HE | 250 | ||
Quiroga | Nocedo | EST | 1 TEC, 10 AX, 11 BR, 9 MB, 2 AV e 3 HE | 15 | ||
Antas de Ulla | Sta Mariña do Castro de Amarante | CONT | 4 AX, 3 BR, 3 MB, 1 PA e 2 HE | 40 | ||
OURENSE | Oímbra | Videferre | ACT | 1 TEC, 10 AX, 19 BR, 10 MB, 1 PA e 2 HE | 350 | Este lume entrou dende Portugal |
Oímbra | San Cibrao | EST (dende as 15,13 horas de hoxe) | 6 AX, 6 BR, 5 MB, 1 PA e 1 HE | <20 | ||
Oímbra | Rabal | ACT / SIT 2 (inicio ás 15,23 horas de hoxe) | 1 AX, 7 BR, 4 MB, 3 AV e 2 HE | 130 | Situación 2 pola proximidade aos núcleos de Rabal e Mandín Este lume entrou dende Portugal | |
Carballeda de Valdeorras | Riodolas | ACT/SIT2 | 7 TEC, 34 AX, 69 BR, 35 MB, 3 PA, 11 AV, 10 HE e UME | 4.600 | Situación 2 pola proximidade ao núcleo de Candeda | |
Vilariño de Conso | Pradoalbar | ACT | 2 TEC, 16 AX, 45 BR, 17 MB, 4 PA, 4 AV e 9 HE | 1.800 | Dentro do Parque Natural do Invernadeiro | |
Ribadavia | Ribadavia | CONT | 2 TEC, 35 AX, 68 BR, 49 MB, 4 PA 2 UTA, 5 AV e 9 HE | 65 | ||
PONTEVEDRA | Rodeiro | Guillar | CONT | 2 TEC, 20 AX, 50 BR, 29 MB, 4 PA e 2 HE | 200 |
(1) SITUACIÓN: Activo: ACT /Estabilizado: EST /Controlado: CONT /Extinguido: EXT/ Situación 2: SIT2
(2) MEDIOS MOBILIZADOS (acumulado): Te: técnicos; Ax: axentes; Br: Brigadas; Mb: Motobombas; PA: Pas; He: Helicópteros; Av: Avións; UME: Unidad Militar de Emerxencias; UTA: Unidade Técnica de Apoio
(3) SUPERFICIE (en hectáreas): As estimacións son sempre PROVISIONAIS, ata que se realice a medición da superficie final afectada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.