A Xunta participa na presentación do concerto de Morat en Mos

O acto contou coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro

Esta actuación terá lugar o día 12 de agosto e forma parte do programa Os concertosdoxacobeo.gal
 

Mos, 18 de xullo de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na presentación do concerto de Morat en Mos xunto á alcaldesa desta localidade, Nidia Arévalo; a concelleira de Cultura e Turismo de Mos,  Sara Cebreiro; e o presidente da Comunidade de Montes de Torroso, Camilo Grandal.

Durante o acto, a directora de Turismo de Galicia fixo fincapé na importancia deste acontecemento musical para a vila de Mos e destacou valor turístico do programa dos concertos do Xacobeo como unha mostra da diversidade e descentralización territorial do plan de actividades do Xacobeo 2021-2022.

 

Nava Castro valorou a distribución dos diferentes espectáculos culturais, artísticos e deportivos programados nas diferentes vilas e cidades da Comunidade galega, o que  posibilita que todas as comarcas de Galicia poidan achegarse a esta celebración e beneficiarse das distintas propostas incluídas nela.

“Gracias a iniciativas coma estas, nas que xeramos sinerxías con outras administracións, conseguimos a presenza de artistas de renome noso territorio, e con isto promovémolo turística el culturalmente”, manifestou a directora de Turismo de Galicia.

Por outra parte, Nava Castro lembrou que con iniciativas como esta dos concertosdoxacobeo.gal, Galicia  no só se proxecta como destino turístico de renome en España, senón tamén no resto de mercados emisores internacionais, xa que tanto a cantidade como a variedade e a calidade de actividades incluídas no programa fan que a Comunidade galega sexa un dos destinos máis suxestivos do panorama español e europeo.

Os concertosdoxacobeo.gal é unha iniciativa da Xunta de Galicia dentro das actividades do Xacobeo 2021-2022, que entre os meses de maio e novembro deste ano, manterá unha programación de música ao vivo con máis de 100 acontecementos por toda Galicia. Neste programa de concertos participarán máis de 350 bandas e artistas nacionais e internacionais de todos os estilos, para todas as idades e para todos os gustos.

Imaxes relacionadas