A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,00 h. de hoxe

Desactivada a Situación 2 que se decretara como medida preventiva nos dous incendios activos en Oímbra, parroquias de Videferre e San Cibrao, o primeiro con 350 hectáreas afectadas provisionais e o segundo con máis de 20 ha

Desactivada a Situación 2 no incendio activo en Palas de Rei, parroquia de Ramil, que afecta unhas 375 ha provisionais

Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta unhas 2.800 hectáreas

Continúa decretada a Situación 2 como medida preventiva no lume de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unhas 2.500 ha

Tamén continúa decretada a Situación 2 como medida preventiva no outro incendio orixinado na parroquia de Vilamor, de Folgoso do Courel, que afecta unhas 300 ha

Permanece decretada a Situación 2 como medida preventiva -así mesmo- no lume do parroquia de Seceda, tamén de Folgoso do Courel, que afecta unhas 1.100 hectáreas

Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio da Pobra do Brollón, parroquia de Saa, que afecta unhas 700 ha

Permanece activo un segundo lume na mesma parroquia de Saa da Pobra do Brollón, que rolda as 50 hectáreas provisionais

Segue activo o incendio de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, que afecta unhas 1.800 hectáreas do parque natural do Invernadeiro

Activo un lume que supera as 20 hectáreas no concello de Cervantes, parroquia de Cereixedo

Estabilizado o lume de Cervantes, parroquia de Donís, que rolda as 75 hectáreas

Segue controlado outro incendio en Quiroga, parroquia de Outeiro, que afecta unhas 250 hectáreas provisionais
Continúa tamén controlado o terceiro incendio de Quiroga, parroquia de Nocedo, que -segundo as últimas medicións sobre o terreo- rolda as 15 hectáreas afectadas

Controlado o lume de Antas de Ulla, parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante, que rolda as 40 hectáreas provisionais

Segue controlado o incendio de Rodeiro, parroquia de Guillar, que rolda as 200 hectáreas de afectación provisional

Continúa controlado o lume de Ribadavia, parroquia homónima, que afecta arredor de 65 hectáreas de superficie

Cómpre sinalar que a gran maioría dos lumes rexistrados entre o xoves e o venres da semana pasada foron producidos por raios, dadas as treboadas que houbo na nosa comunidade
 

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 13,00 h. de hoxe.

Oímbra

Desactivada a Situación 2 que se decretara como medida preventiva nos dous incendios activos no concello ourensán de Oímbra, ao desaparecer o risco para os núcleos de poboación. Un entrou desde Portugal pola parroquia de Videferre, ás 15,57 h. de onte, e afecta unhas 350 ha provisionais. Ata o de agora- mobilizou un total de 1 técnico, 8 axentes, 25 brigadas, 10 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros. O outro iniciouse na parroquia de San Cibrao ás 18,46 h. de onte, supera as 20 hectáreas e nel levan traballado 5 axentes, 6 brigadas, 5 motobombas e 1 helicóptero. 

Palas de Rei

Desactivada a Situación 2 que se declarara como medida preventiva no incendio forestal activo no concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Ramil, ao desaparecer o risco para núcleos poboados. Este incendio iniciouse ás 13,13 h. de onte e rolda as 375 ha provisionais. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 1 técnico, 12 axentes, 13 brigadas, 12 motobombas, 4 avións e 3 helicópteros.

Carballeda de Valdeorras

Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que se reactivou por mor dun cambio de vento. A medida solicitouse pola proximidade do lume ao núcleo de Candeda. Este incendio forestal orixinouse o xoves pasado e afecta unha superficie estimada de 2.800 hectáreas. No seu control levan participado en total 7 técnicos, 32 axentes, 67 brigadas, 35 motobombas, 3 pas, 10 avións e 7 helicópteros. Neste lume participa a Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Folgoso do Courel

Segue decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio forestal activo no municipio lucense de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que rolda as 2.500 hectáreas segundo as últimas estimacións. Esta situación operativa de emerxencia declarouse pola proximidade do lume ao núcleo de Parada dos Montes. Este incendio permanece activo desde o xoves pasado. No seu control traballaron ata o momento 3 técnicos, 28 axentes, 40 brigadas, 28 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 7 avións e 9 helicópteros. Neste lume tamén despregou efectivos a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que despregou efectivos na zona.

Continúa decretada como medida preventiva a Situación 2 no outro incendio forestal activo arestora tamén en Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor. Este lume iniciouse o xoves pasado e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 300 hectáreas provisionais. Ata o de agora desprazáronse á zona 6 técnicos, 21 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 avións e 3 helicópteros. 

Así mesmo, segue decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo na parroquia de Seceda, tamén en Folgoso do Courel. Este lume iniciouse o venres pasado e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 1.100 hectáreas provisionais. No lugar levan traballado un total de 19 axentes, 29 brigadas, 14 motobombas, 6 avións e 6 helicópteros. Neste lume tamén participa a Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Pobra do Brollón

Segue decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal do concello lugués da Pobra do Brollón, parroquia de Saa. O incendio permanece activo desde o xoves pasado e afecta unha superficie provisional de 700 hectáreas. Ata o de agora téñense mobilizado para o seu control 3 técnicos, 30 axentes, 45 brigadas, 30 motobombas, 1 pa, 5 avións e 5 helicópteros.  

Segue activo desde o xoves pasado outro incendio na Pobra do Brollón, tamén na parroquia de Saa, que segundo as últimas estimacións rolda as 50 hectáreas provisionais. No seu control levan traballado 1 axente, 1 brigada, 1 motobomba e 1 helicóptero.  

Vilariño de Conso

Segue activo desde o venres pasado o incendio do concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 1.800 hectáreas provisionais dentro do parque natural do Invernadeiro. No seu control traballaron ata o de agora 2 técnicos, 15 axentes, 39 brigadas, 17 motobombas, 4 pas, 4 avións e 9 helicópteros.

Cervantes

Activo desde as 20,28 h. de onte un lume no concello lucense de Cervantes, parroquia de Cereixedo, que supera as 20 hectáreas. Ata o momento téñense mobilizado para extinguilo 4 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas, 1 avión e 2 helicópteros.

Estabilizado ás 10,00 h. de hoxe o incendio forestal de Cervantes, parroquia de Donís, que rolda as 75 hectáreas provisionais. No lume -que se iniciou o xoves pasado- levan traballado ata o de agora 1 técnico, 6 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 1 helicóptero.

Quiroga

Permanece controlado desde as 22,25 h. do sábado o incendio que se orixinara o xoves pasado tamén en Quiroga, parroquia de Outeiro. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 250 hectáreas provisionais. Para o seu control lévanse mobilizado 2 técnicos, 18 axentes, 17 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 4 avións e 4 helicópteros.

Segue controlado desde as 23,53 h. do sábado outro lume en Quiroga, parroquia de Nocedo, que rolda as 15 hectáreas provisionais. Orixinouse o venres e ata o momento levan traballado nel 1 técnico, 10 axentes, 11 brigadas, 9 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

Antas de Ulla

Segue controlado desde as 22,50 h. de onte o lume da localidade luguesa de Antas de Ulla, parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante, que se orixinou a pasada tarde e que rolda as 40 hectáreas provisionais. Na súa extinción levan traballado 4 axentes, 3 brigadas, 3 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Rodeiro

Segue controlado desde as 2,42 h. do sábado o lume que se iniciou o xoves pasado no concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Guillar. Segundo as últimas estimacións provisionais, rolda as 200 hectáreas provisionais. Ata o momento levan traballado nel 2 técnicos, 19 axentes, 47 brigadas, 29 motobombas, 4 pas e 2 helicópteros.

Ribadavia

Continúa controlado desde as 18,25 h. do sábado o lume rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia de Ribadavia, que se iniciou o pasado luns 11. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas. Para a extinción deste lume lévanse mobilizado 2 técnicos, 34 axentes, 65 brigadas, 48 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 5 avións e 9 helicópteros. 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá