A Xunta participa na reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou esta mañá na reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais na que se trataron as medidas contidas no Plan de choque para a atención á dependencia e a incorporación de posibles modificacións da Lei 39/2006 relativa a esta materia.

A reunión, de carácter informativo, serviu para dar a coñecer os avances nestes dous ámbitos. Así, valorouse o grao de cumprimento do plan de choque e a súa proxección de cara o segundo trimestre do ano e para ao ano 2023. O Goberno central achegou propostas para modificar a normativa estatal que aínda se debaterán en futuras reunións.

Imaxes relacionadas