A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe

Decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio forestal rexistrado no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda, que afecta unha superficie de 200 hectáreas

Decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio forestal rexistrado tamén no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unha superficie de 300 hectáreas

Permanece activo outro lume rexistrado tamén no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que afecta unha superficie estimada de 92 hectáreas

Permanece activo o incendio no concello de Quiroga, parroquia de Outeiro, que afecta unha superficie de 200 hectáreas

Permanece activo o lume no concello da Pobra do Brollón, parroquia de Saa, que afecta unha superficie dunhas 65 hectáreas

Activo un incendio no concello de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar, que afecta 40 hectáreas dentro do parque natural do Invernadeiro

Permanece activo o lume no municipio de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta 400 hectáreas de superficie

Permanece activo un incendio no concello de Baiona, parroquia de Baredo, que afecta 40 hectáreas de superficie

Segue estabilizado un lume no concello de Cualedro, parroquia da Xironda, que afecta 40 hectáreas

Todos os lumes anteriormente citados foron orixinados por raio, dadas as treboadas que houbo onte na nosa Comunidade

Permanece estabilizado o incendio rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, con 50 hectáreas afectadas

Tamén segue estabilizado o lume de Ribadavia, parroquia homónima, que afecta arredor de 65 hectáreas de superficie

 

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe.

 
Folgoso do Courel

Decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seceda. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Gamiz, na parroquia de Santalla, no concello limítrofe de Samos. Este lume iniciouse á 1,40 h. desta madrugada. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 200 hectáreas. No lugar están traballando 4 axentes, 5 brigadas, 2 motobombas e 2 avións. Está solicitada tamén a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

 

Decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora tamén no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Carballal, na propia parroquia de Vilamor. Este lume iniciouse ás 20,42 h. de onte. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 300 hectáreas. No lugar están traballando 4 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas, 2 avións e 1 helicóptero. Está solicitada tamén a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

 

Permanece tamén activo o outro lume rexistrado no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que comezaba onte ás 20,25 h. da tarde. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 92 hectáreas. No seu control traballan 7 axentes, 7 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 2 avións e 1 helicóptero.

 
Quiroga

Permanece activo desde as 20,29 h. de onte o incendio no concello de Quiroga, parroquia de Outeiro, que segundo novas estimacións afecta unha superficie de 200 hectáreas. No seu control están traballando 1 técnico, 7 axentes, 6 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 2 avións.

 
A Pobra do Brollón

Permanece activo desde as 20,37 h. de onte o lume no concello da Pobra do Brollón, parroquia de Saa, que afecta unha superficie provisional de 65 hectáreas. Están traballando no seu control 2 técnicos, 2 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

 
Vilariño de Conso

Rexistrado un incendio ás 6,57 h. desta mañanciña no concello de Vilariño de Conso, parroquia de Pradoalbar. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 40 hectáreas dentro do parque natural do Invernadeiro. No seu control traballan 1 axente, 5 brigadas, 2 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

 
Carballeda de Valdeorras

Permanece activo desde as 22,09 h. de onte o incendio en Carballeda de Valdeorras, parroquia de Riodolas, que afecta unha superficie estimada de 400 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 5 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 1 avión e 3 helicópteros.

 
Baiona

Permanece activo o lume no concello de Baiona, parroquia de Baredo, desde as 00,39 h. desta madrugada. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 40 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 4 axentes, 10 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.

 
Cualedro

Permanece estabilizado desde as 3,45 h. da madrugada un lume no concello de Cualedro, parroquia da Xironda, tras comezar ás 19,03 h. de onte. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 40 hectáreas. No lugar levan traballado ata o de agora 3 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 1 avión e 5 helicópteros. 

 
Melón

Permanece estabilizado desde as 14,29 h. de onte o lume rexistrado no concello de Melón, parroquia de Quins, que se orixinou ás 22,38 h. do martes. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie provisional dunhas 50 hectáreas. No seu control participan 17 axentes, 28 brigadas, 23 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 3 avións.

 
Ribadavia

Tamén permanece estabilizado desde as 14,29 h. de onte o lume rexistrado no concello de Ribadavia, parroquia de Ribadavia, que comezara ás 22,11 h. do luns. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 65 hectáreas. Para a extinción deste lume lévanse mobilizado 2 técnicos, 26 axentes, 57 brigadas, 41 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 5 avións.  

 
 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.