A Xunta respaldará con preto de 240.000 € os Centros de información á muller, servizos de conciliación e accións de Igualdade en once concellos de Ferrolterra
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, deron conta da resolución do programa autonómico que permitirá a concellos, consorcios ou mancomunidades poñer en marcha actuacións contra a violencia de xénero ou para facilitar a corresponsabilidade, entre outros
A maior contía, 181.500 euros, irán destinada a apoiar os mantemento dos catro Centro de Información á Muller situados en Ferrol, As Pontes, Ares e Ortigueira
A Xunta de Galicia investirá preto de 240.000 euros nas axudas dirixidas a programas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, servizos de conciliación e centros de información á muller en 11 municipios de Ferrolterra. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, deron conta hoxe da resolución destas axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Os apoios inclúen financiamento para tres tipos de programas. O de maior contía, 181.506,39 euros, é o destinado a apoiar o mantemento dos catro Centros de Información á Muller (CIM) da comarca. Deste xeito, o Goberno galego contribúe a financiar os postos de traballo de dirección, asesoramento xurídico e atención psicolóxica das instalacións situadas en Ferrol, As Pontes, Ares e Ortigueira -este último presta servizo agrupado cos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido e Mañón-.
Ademais a secretaria xeral explicou que o programa de fomento da igualdade entre homes e mulleres e prevención e tratamento da violencia de xénero beneficiará a dous municipios da zona (As Pontes e Cabanas) por un importe de 8.461,63 euros mentras que o de fomento da conciliación, cunha aportación global de 47.436,6 euros, a outros cinco -Cabanas, Cariño, Mugardos, Ortigueira e Valdoviño-.
Martina Aneiros pola súa banda lembrou que, como novidade desta convocatoria, a Xunta concede anticipos destas axudas de ata o 80%, fronte ao 75% fixado na pasada edición.
A Xunta leva investidos nestes programas cos que apoia o labor das entidades locais de Galicia para a promoción da igualdade, fomento da conciliación e a loita contra a violencia de xénero máis de 64 millóns de euros desde 2009 ata o de agora, incluída a convocatoria deste ano.
a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar
CONCELLO | IMPORTE CONCEDIDO |
Cabanas | 4.160,00 |
Cariño | 16.531,00 |
Mugardos | 8.265,60 |
Ortigueira | 6.960,00 |
Valdoviño | 11.520,00 |
TOTAL | 47.436,60 € |
b) Programa de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero
CONCELLO | IMPORTE CONCEDIDO |
As Pontes | 2.575,63 |
Cabanas | 5.886,00 |
TOTAL | 8.461,63 € |
c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres
CONCELLO | CONCELLOS AGRUPADOS | IMPORTE CONCEDIDO |
As Pontes | 35.306,39 | |
Ares | 41.200,00 | |
Ferrol | 45.000,00 | |
Ortigueira | Cariño, Cedeira, Cerdido e Mañón | 60.000,00 |
TOTAL | 181.506,39 € |