Trenor supervisa a montaxe do Festival Morriña Fest que encherá da mellor música o estadio de Riazor esta fin semana

Maluma, Black Eyed Peas, Franz Ferdinand, Cristal Fighters, o rapero Duki, Vera ou Xoel López, entre outros, traerán a decenas de miles de persoas A Coruña

A Coruña, 12 de xullo de 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou esta tarde a montaxe do Festival Morriña Fest que se celebrará esta fin de semana no estadio de Riazor, un concerto que se presenta cun cartel con grandes artistas de nivel internacional e nacional e que conta co apoio da Xunta xa que se inclúe dentro da iniciativa “Concertos do Xacobeo”.

 

Nesta nova edición do 2022, o delegado da Xunta subliñou “a espectacularidade desta ubicación que estreamos no estadio de Riazor, recuperando os grandes eventos musicais neste emblemático lugar para todos os coruñeses”. “A Xunta está, porque é aquí, co noso Xacobeo e con esta cidade onde nos gusta estar para dinamizar o sector cultural e para reactivar a economíA local”, destacou. Estamos convencidos de que Maluma, Black Eyed Peas, Franz Ferdinand, Cristal Fighters, o rapero Duki, Vera ou Xoel López, entre outros grandes artistas traerán decenas de miles de persoas e o éxito a esta cita. Estamos seguros de que a colaboración entre a iniciativa privada e as administracións é o camiño”, apontou o delegado.

 

Trenor rematou animando a todos os que están pensando en qué facer esta fin de semana a elixir algún dos concertos que se presentan no cartel porque a mellor música nun lugar espectacular é un acerto seguro.

Imaxes relacionadas