Activo un incendio forestal rexistrado na parroquia homónima do Concello de Ribadavia
Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta provisionalmente unhas 20 hectáreas de superficie
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no concello ourensán de Ribadavia, parroquia homónima.
O lume orixinouse ás 22,11 h. de onte e permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control participan 4 axentes, 15 brigadas, 11 motobombas e 1 pa.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.