Política Social e Anpanxoga estudan vías de colaboración para a posta en marcha de actividades dirixidas a mozas e mozos con discapacidade auditiva

Santiago de Compostela, 11 de xullo 2022

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, reuniuse hoxe coa presidenta da Asociación Galega de Familias con Membros e Rapazada Xordos ou con Discapacidade Auditiva (Anpanxoga), Isolina Piñeiro. Durante o encontro analizáronse fórmulas de colaboración de cara ao futuro entre a Consellería de Política Social e Xuventude e esta entidade, que forma parte da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG).

Jacobo Rey transmitiu a disposición da Xunta a colaborar na posta en marcha de actividades dirixidas ás persoas con discapacidade auditiva e ás súas familias, especialmente para a mocidade. Entre os fins de Anpanxoga está o de favorecer a eliminación de barreiras de comunicación que existen no ámbito educativo e favorecer a aprendizaxe da Lingua de Signos Española (LSE).

Imaxes relacionadas