A Xunta realiza actuacións de conservación e de limpeza nos treitos interurbanos de tres regos no concello de Carballo
Os traballos lévanse a cabo no rego do Monte Neme, de Oza e da Barcia
Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude de case 5 km
As tarefas céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos na canle
O departamento que preside Ethel Vázquez mantén activas as accións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e de limpeza nos treitos interurbanos dos regos do Monte Neme, de Oza e da Barcia, ao seu paso polo concello de Carballo.
Os treitos nos que se están levando a cabo estas tarefas suman unha lonxitude de case 5 quilómetros. As intervencións céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.
As tarefas céntranse na roza selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte e nas súas zonas de acceso e protección.
O departamento que preside Ethel Vázquez mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.