A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, reuniuse co alcalde da localidade, Luciano Rivero

Xunta e Concello de Cualedro estudan fórmulas para mellorar os servizos sociais do municipio

O Goberno Galego analiza as posibilidades para reformar as oficinas de servizos sociais da localidade, que conta con tres centros públicos e cos servizos de Xantar na Casa e Axuda no Fogar

Cualedro (Ourense), 10 de xullo de 2022

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo esta semana unha reunión de traballo co alcalde de Cualedro, Luciano Rivero, para avanzar na mellora da accesibilidade da oficina de servizos sociais do municipio.

 

Fabiola García subliñou que os servizos sociais comunitarios básicos, dispoñibles en cada concello galego, son chave para facer chegar os sistemas de atención e coidados dunha forma próxima a quen máis o precisan. Por iso, explicou que analizará fórmulas máis axeitadas para avanzar na mellora destes servizos.

 

Así mesmo, a conselleira de Política Social e Xuventude destacou a participación de Cualedro en varios dos programas postos en marcha pola Xunta de Galicia como Xantar na Casa ou o Servizo de Axuda no Fogar ata acadar unha inversión no municipio de preto de 300.000€ ao ano.

Imaxes relacionadas