A Xunta ten programado para xullo máis de 40 eventos musicais dos Concertos do Xacobeo

23 concellos da 4 provincias galegas acollerán directos e festivais de diversos estilos musicais e para todos os públicos

Artistas como Imagine Dragons, Rosalía, Simple Minds, Lola Índigo, Tanxugueiras, Guadi Galego, Iván Ferreiro, Yann Tiersen, Víctor Manuel, Bonnie Tyler, Luar na Lubre, Los Secretos, La Mala Rodríguez, León Benavente ou De Vacas entre outras moitas bandas, actuarán este mes no marco da programación musical do Xacobeo
 

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2022

A  Xunta de Galicia ten programado para este mes de xullo máis de 40 eventos musicais no marco da programación musical do Xacobeo, tal e como recolle a web wwww.concertosdoxacobeo.gal

Tras os directos de Guadi Galego e De Vacas (Sarria), Rufus Wainwright (Vigo), Xoel López e Pablo Lesuit (Verín), Fat Freddy’s Drop (Vigo), Víctor Manuel (Castrelo de Miño), Agnes Obel (Vigo), o Atlantic Pride na Coruña e Los 40 Classic Locos con Galicia con Seguridad Social e La Banda en Verín no marco dos concertos de La Región que xa tiveron lugar os pasados días, seguen os concertos e festivais ao longo do mes por toda Galicia.

Hoxe dá comezo o Son de Curuxeiras (con No more bullshit, Los Primerizos, Nuevo Plan + Ricardo Chirinos e Pancho Varona), no porto de Ferrol ata o día 10. O mesmo domingo será a quenda dunha nova cita do Ciclo Xacobeo Importa (con León Bridges) en Vigo ou do Xacobeo no interior (Guadi Galego e Os D’abaixo) en A Rúa; mentres que en Ortigueira comezará o Festival Internacional do Mundo Celta.

A semana que vén abrirase cun dos pratos fortes deste Xacobeo xa que o luns 11 o Monte do Gozo acollerá o concerto de Imagine Dragons no marco da súa xira mundial Mercury. A guitarra tamén será protagonista no peche da semana, co concerto de Steve Vai no Ciclo Xacobeo Vigo o domingo 17. Durante o transcurso da mesma suceredanse as citas con algunhas das bandas da escena estatal como Taburete (xoves 14 en Porriño) ou Los Secretos (venres 15 en Monforte, que repiten o 16 no Pasatempo de Betanzos); pero tamén de artistas galegos como Iván Ferreiro (xoves 14 no Pasatempo de Betanzos), La Banda (venres 15 en Ourense) ou Roi Casal (sábado 16 en Cangas).

 

A actividade concentrarase durante a fin de semana con outros tres festivais alén do Pasatempo en Betanzos -que conta con Cantajuegos o venres 15-. Entre elas destaca a celebración do Atlantic Fest en Vilagarcía. Do 15 ao 17 de xullo, artistas como Izal, Andrés Calamaro, Fangoria, Nancys Rubias, La Casa Azul, Los Planetas, Quique González, María Arnal i Marcel Bagés, Shinova ou Los Huermanos Cubero, entre outros, actuarán na praia da Concha.

 

Tamén terá lugar a segunda edición do Morriña Fest na Coruña os días 15 e 16, con Maluma, Black Eyed Peas, Ozuna, Franz Ferdinand, Crystal Fighters, Xoel López, Lola Índigo ou Viva Suecia, entre outras bandas, no estadio de Riazor. A novidosa Gala Xacobeas en Concerto de Marín (15 de xullo), cun cartel íntegramente conformado por mulleres e que conta coa ex Spice Girl Mel C como cabeza do mesmo, acompañada por Ana Mena, Edurne, La Mala Rodríguez e Tanxugueiras, entre outras.

 

Segunda quincena de xullo
Na segunda quincena do mes de xullo a provincia de Ourense acollerá parte da actividade musical dos Concertos do Xacobeo. A primeira cita será o Silfest en O Barco (21 ao 23 de xullo con León Benavente, Corizonas, Sex Museum, De Vacas ou Eme DJ, entre outras artistas) para continuar co ciclo Los conciertos de La Región, que contará con La Banda (venres 22 en Castrelo de Miño e venres 29 en O Barco) e programará en Ourense os directos de Other Side (sábado 24), Habitación Vudú (luns 25) e Vargas Blues Band (mércores 27).

Pola súa banda, a cidade da Coruña acollerá o concerto de Rosalía no Coliseum da Coruña (29 de xullo), e a actuación de Simple Minds (27 de xullo) dentro do ciclo Xacobeo Importa e o festival de música urbana Neox Music Day (30 de xullo), con referencias do estilo como Bad Gyal, Hijos de la Ruina, Bizarrap ou Rels B. A localidade veciña de Arteixo será o escenario no que actúe Trueno (venres 22); mentres que Bonnie Tyler fará o propio no Ferrol Verán Fest (venres 22). Por último, Roi Casal actuará no Día do Apóstolo en Padrón, e Jacob Collier visitará Santiago de Compostela o mércores 27.

Finalmente, nesta segunda quincena de xullo, a provincia de Pontevedra será testemuña das actuacións do músico e compositor Yann Tiersen (no marco do Ciclo Xacobeo Vigo o venres 22), Dani Fernández (22 de xullo en Soutomaior), M Clan (27 de xullo en Redondela) e Roi Casal (30 de agosto en Cangas).


Máis de 100 eventos nos www.concertosdoxacobeo.gal

A páxina web www.concertosdoxacobeo.gal recolle máis de 100 eventos musicais diferentes para todos os públicos que terán lugar en medio cento de localidades galegas até o mes de novembro. Desde a súa presentación o pasado 30 de abril, e ata o día de hoxe, a programación de concertos incorporou máis dunha trintena de eventos, como é o caso dos ciclos Xacobeo no Interior, Atlantic Pride, Los Conciertos de La Región, Son de Curuxeiras, Ferrol Verán Festival, Neox Music Day, Noia Harp Fest, Festival Noroeste, Festa da Carballeira de Zas, Nachiños Fest, Armadiña Rock, Barbeira Season Fest, Our Fest Xacobeo, Maré e Noites do Porto.

Nas vindeiras semanas a Xunta de Galicia dará a coñecer novos directos de artistas recoñecidos e festivais que se celebrarán nos próximos meses e que tamén contan co patrocinio ou colaboración do Xacobeo.

Imaxes relacionadas