A Xunta participa na presentación do Atlantic Fest que terá lugar no marco dos concertos do Xacobeo

O festival terá lugar en Vilagarcía de Arousa os días 15,16 e 17 de xullo

O evento contará con artistas como Izal, Andrés Calamaro, Fangoria, Nancys Rubias ou La casa Azul
 

Vilagarcía de Arousa, 8 de xullo de 2022.-

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil; e a directora do festival, Susana Laya, participaron esta mañá na presentación do festival “Atlantic Fest”, o cal se celebrará os días 15,16 e 17 de xullo en Vilagarcía de Arousa.

 Nava Castro fixo fincapé en que coa programación musical do Xacobeo, o Goberno galego está a apostar pola celebración de eventos musicais que permitan situar a Galicia no mapa, de forma especial no ámbito internacional, promocionando o Camiño e Galicia entre os visitantes.

 

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia destacou que grazas a este tipo de eventos, podemos mostrar a España e ao mundo que Galicia non se queda atrás na programación cultural e que, ademais, faino en contornas tan espectaculares como a de Vilagarcía de Arousa.

 

Gracias a estes eventos musicais que moven a miles de persoas, dende Galicia temos a posibilidade de mostrar o que leva séculos facendo eterna a Galicia, o azul do seu mar, o verde dos seus campos, a riqueza da nosa enogastronomía e o carácter do noso pobo,” indicou Castro.

 

O evento contará con artistas de renome no ámbito nacional e internacional como Izal, Andrés Calamaro, Fangoria, Nancys Rubias ou La casa Azul.

 

Ademais do patrocinio no marco dos Concertos Xacobeo, o Atlantic Fest conta cunha achega adicional ao seu financiamento a través das subvencións a festivais de música que convoca cada ano a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais. Unha canle pola que neste 2022 percibirá algo máis de 27.000 euros como un dos eventos estratéxicos no ámbito musical galego.

 

Imaxes relacionadas