A Xunta destaca a inversión levada a cabo na conservación e mantemento do trazado e nos albergues do camiño portugués, segunda ruta máis empregada polos peregrinos

Dende o ano 2019 investiuse neste trazado 2,3 millóns de euros para o acondicionamento e sinalización no conxunto do itinerario

Para este ano están previstas actuacións de conservación e mantemento de albergues no Camiño Portugués por preto de 600.000€

Nesta ruta hai 10 Albergues con máis de 500 prazas, onde destaca a inauguración o pasado ano do albergue de Vigo