Extinguido o incendio rexistrado no concello de Muíños, parroquia de Requiás, que afectou o parque natural do Xurés

Segundo as últimas estimacións, o lume afectou 0,14 hectáreas de superficie

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2022

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do lume rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás.

O lume orixinouse ás 16,30 h. desta tarde e quedou extinguido preto das 17,30 h. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 0,14 hectáreas dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Na súa extinción participaron 1 axente, 3 brigadas e 1 motobomba.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.