A Xunta presenta o concerto de Imagine Dragons que terá lugar o vindeiro luns no Monte do Gozo no marco dos Concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a co-directora de Sweet Nocturna, Raquel Seijo, presentaron esta mañá o concerto que é un dos tres que a banda dará en España
 

En total son máis de 100 eventos para todos os públicos ata o mes de novembro
 

Desde a súa presentación o pasado 30 de abril, e até o día de hoxe, a programación de concertos incorporou máis dunha trintera de eventos
 

Nas vindeiras semanas a Xunta de Galicia dará a coñecer novos directos de artistas recoñecidos e festivais que se celebrarán nos próximos meses e que tamén contan co patrocinio ou colaboración do Xacobeo
 

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a co-directora de Sweet Nocturna, Raquel Seijo, presentaron esta mañá o concerto de Imagine Dragons que terá lugar o vindeiro luns no Monte do Gozo no marco dos Concertos do Xacobeo.

Na presentación do concerto, Nava Castro fixo fincapé na importancia que ten para Galicia albergar este tipo de celebracións, mediante a cal tanto os galegos coma os turistas poderán desfrutar dun acontecemento único.

“Temos que sentirnos orgullosas e orgullosos do traballo realizado para a celebración deste dipo de actos, xa que grazas a iso, podemos congratularnos da beleza da nosa terra, de ser un destino elixido por milleiros de persoas para visitar e, por suposto, de que bandas de gran renome, como Imagine Dragons, nos elixiran como unha das dúas cidades españolas nas que darán un concerto”, finalizou Nava Castro.

Concertos do Xacobeo
Segundo indicou a directora xeral de Turismo, a Xunta ten programado para este mes de xullo máis de 40 eventos musicais no marco da programación musical do Xacobeo, tal e como recolle a web wwww.concertosdoxacobeo.gal


Imagine Dragons, Rosalía, Simple Minds, Lola Índigo, Tanxugueiras, Bad Gyal, Guadi Galego, Iván Ferreiro, Yann Tiersen, Mel C, Víctor Manuel, Rels B, María Arnal i Macel Bagés, Bonnie Tyler, Steve Vai, Luar na Lubre, Los Secretos, La Mala Rodríguez, León Benavente, Eme DJ, Cantajuego ou De Vacas entre outras moitas bandas, actuarán este mes no marco da programación musical do Xacobeo

No que se refire a festivais, tamén durante este mesmo mes Betanzos acollerá o Pasatempo, Vilagarcía de Arousa o Atlantic Fest, a cidade da Coruña o Morriña Fest, Marín acollerá a gala Xacobeas en Concerto, O Barco de Valderorraso o Silfest, e os concertos de La Región.

En total son máis de 100 eventos nos www.concertosdoxacobeo.gal para todos os públicos ata o mes de novembro. Desde a súa presentación o pasado 30 de abril, e ata o día de hoxe, a programación de concertos incorporou máis dunha trintena de eventos.

Nas vindeiras semanas a Xunta de Galicia dará a coñecer novos directos de artistas recoñecidos e festivais que se celebrarán nos próximos meses e que tamén contan co patrocinio ou colaboración do Xacobeo.

 

Imaxes relacionadas