Xunta e Concello de Palas de Rei colaborarán na substitución integral da cuberta do Centro de Saúde

O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Palas de Rei veñen de asinar un convenio ao que destinarán máis de 155.000 euros, para a reforma do centro de saúde deste municipio

Con esta nova obra, o concello contará cun centro de saúde totalmente reformado despois das anteriores actuacións levadas a cabo nos últimos anos, e que supuxeron un investimento de case 108.000 euros

Imaxes relacionadas